sábado. 28.06.2025

Novos cursos na aula CeMIT de O Barco

O concello de O Barco volve a producir novos cursos na aula CeMIT da vila. Dividiránse en diferentes períodos e utilizacións. Cada curso conta con 15 prazas e a inscrición poderá realizarse presencialmente na aula CeMIT, ou a través de internet, sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT.

Haberá un curso de Mecanografía: do 10 setembro ao 28 setembro de 12:00 a 13:00 horas - lúns, mércoles, xoves e venres -

Tamén outro de Iniciación á informática e correo electrónico: do 1 de outubro ao 26 outubro de 10:00 a 11:00 horas.

«Como nos tempos que corren é moi importante manexarse polas redes e as suas apps» contan dende o concello, este ano tamén poñen en marcha un curso de Aplicacións de google e a nube de Google: do 1 outubro ao 26 outubro de 12:00 a 13:30 horas - lúns, mércores, xoves e venres -.

Por último, o curso Aprende a usar o teu móvil, smartphone: do 29 outubro ao 23 Novembro de 10:00 a 11:00 horas ou de 12:00 a 13:00 horas.

Os interesados en realizar algún curso poden solicitar máis información a través do teléfono 988 32 02 02 ext. 1169 ou na Aula CeMIT, praza do Concello nº 2, 2º andar.

Novos cursos na aula CeMIT de O Barco