lunes. 16.06.2025

Novo acordo de colaboración entre Abanca e AEVA

O convenio recolle un catálogo de produtos e servizos que facilitan o acceso ao crédito aos empresarios da comarca reforzando así o compromiso de Abanca co tecido empresarial de Valdeorras
somoscomarca_240426_aeva_abanca_convenio_josevicente_araceli

Abanca renova o acordo de colaboración coa Asociación Empresarial de Valdeorras —AEVA—, co obxectivo de apoiar ás empresas fronte aos desafíos que está a xerar o contexto económico actual e impulsar o crecemento da economía da comarca de Valdeorras.

O convenio —unha mostra máis do compromiso da entidade financeira e de AEVA co tecido empresarial da zona—, foi asinado polo director da oficina de Abanca nesta localidade, José Vicente García Méndez, e a presidenta da Asociación Empresarial de Valdeorras, Araceli Fernández del Palacio.

Durante o encontro, ambos representantes aproveitaron para conversar sobre a situación actual da comarca e acordaron seguir mantendo unha comunicación fluída para poñer sobre a mesa os posibles retos que poidan xurdir.

O documento especifica unha serie de beneficios destacados, con produtos e servizos deseñados a medida, como os préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario e unha gama de solucións para as necesidades inmediatas do día a día, como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais ou confirming.

A entidade financeira tamén ofrece aos empresarios a posibilidade de gozar dos beneficios do Programa Servizos Abanca, que elimina os cargos nalgúns servizos habituais, como os mantementos das contas, tarxetas, transferencias e ingresos de cheques. Ademais, ofrece acceso a servizos dixitais como a banca electrónica ou o servizo Apúntame, para xestionar de maneira fácil as cotas, domiciliacións ou subscricións para os negocios e os seus clientes. Así mesmo, as persoas que forman parte de AEVA contarán con vantaxes na contratación de dispositivos TPV físicos e virtuais.

O documento recolle tamén o novo plan “Abanca Emprendedores e Profesionais”, o seu primeiro plan de pensións simplificado para persoas traballadoras autónomas: unha solución sinxela e flexible, deseñada para complementar a xubilación do colectivo e xerar así un maior aforro que os plans de pensións individuais.

Novo acordo de colaboración entre Abanca e AEVA