O son do piano, do saxofón, do clarinete, ou da gaita deixou este martes unha fermosa banda sonora no Teatro Lauro Olmo con motivo da celebración das Letras Galegas organizada polos alumnos e mestres do Conservatorio de Música do Barco.
O escenario converteuse nun espazo de encontro entre música, canto, poesía e identidade galega nun acto no que participaron diferentes formacións e intérpretes, ofrecendo ao público un percorrido musical cargado de sensibilidade e emoción.
A presentación correu a cargo de Diana Rodríguez Ramos, responsable do punto de información turística do Barco, quen tamén participou activamente no evento recitando un poema en galego acompañada por Miguel Ángel ao piano e o clarinete, nun dos momentos máis especiais da tarde.
Ao longo do concerto sucedéronse distintas actuacións nas que os instrumentos tradicionais e clásicos se mesturaron para render homenaxe á cultura galega e á música como vehículo de expresión e identidade.
O acto rematou coa interpretación do himno galego, poñendo o broche final a unha celebración na que alumnado e profesorado volveron demostrar o importante papel que desempeña a música na transmisión da lingua, da tradición e da cultura propias.
Tu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizado