
Unha merenda á hora do vermú está permitida se é na Tenda da Rita
Jorge Álvarez: «Un éxito! Aforo completo na degustación de viño, cervexa, licores, e varios produtos gastronómicos máis da tenda. Será a primeira de moitas»

Jorge Álvarez: «Un éxito! Aforo completo na degustación de viño, cervexa, licores, e varios produtos gastronómicos máis da tenda. Será a primeira de moitas»
Onte a tarde, 15 de outubro, Jorge Álvarez, xerente da Tenda de Rita reuniu, no local situado no casco vello do Barco, a máis dunha ducia de persoas que «probaron» o mellor da comarca e arredores. «Celebramos o primeiro que agardamos que sexa o comezo de moitos eventos máis», resaltou.
Achegamos esta proposta orixinal á hora do vermú porque tratándose da Tenda da Rita e, en tempo de xantar, está ben permitido por ser un lugar onde se atopan produtos especiais de Valdeorras: viño, mel, bica, embutidos, conservas, comida ecolóxica, cervexa artesá..., e tamén doutros lugares.
Neste primeiro plan que se propuxo desde a Tenda da Rita, «tratábase dunha merenda “secreta”, que resultou ser unha degustación de produtos da tenda, dirixida pola sumiller Mercedes González. O evento contaba cun aforo moi limitado e, previa inscrición, colgou o cartel de aforo completo», subliña o xerente.
«Degustamos e catamos, viños, licores, cervexas artesás, e varios produtos gastronómicos á venda na tenda». Ademais, os asistentes coñeceron mais a fondo algúns produtos e á historia detrás dos seus produtores, Asemade, os participantes puideron facer as súas compras o rematar a merenda cun desconto incluído na inscrición ó evento.
Este establecemento de produtos gourmet abría as súas portas o pasado verán coa pretensión de que fose a tenda de todas as avoas, non en van toma o nome da súa —a Rita—, xa que nela pódese atopar comida san como a que se comía hai 40 anos na casa dos nosos avós.