viernes. 06.06.2025

Máis de 350 escolares de Primaria asistirán mañá a unha nova función de teatro en inglés en O Barco

A obra que se representará leva por título The Trans-European Express e ofreceranse dúas funcións adaptadas aos diferentes niveis educativos
somoscomarca_teatrolauroolmo_niñosvagalume(2)_2023
Máis de 350 escolares de Primaria asistirán mañá a unha nova función de teatro en inglés en O Barco

O Teatro Lauro Olmo de O Barco acollerá este venres, 6 de xuño, unha nova actividade de teatro en inglés dirixida ao alumnado de Educación Primaria dos centros escolares do municipio. A iniciativa está organizada pola Concellería de Cultura e Educación co obxectivo de fomentar o uso do inglés dun xeito lúdico e didáctico entre o alumnado máis novo.

A obra que se representará leva por título The Trans-European Express e ofreceranse dúas funcións adaptadas aos diferentes niveis educativos. Ás 10.00 horas asistirán alumnos de 3º, 5º e 6º dos colexios Divina Pastora e Julio Gurriarán. Xa ás 12.00 horas será a quenda dos escolares de 4º, 5º e 6º do Colexio Condesa de Fenosa, así como do alumnado de 2º a 6º curso do Otero Pedraio. En total, máis de 350 nenos e nenas desfrutarán desta actividade.

Esta proposta completa a que xa se celebrou o pasado 28 de abril, tamén no Teatro Lauro Olmo, destinada nesta ocasión a estudantes de Secundaria. Naquela xornada participaron case 400 alumnos do colexio Divina Pastora e dos institutos Lauro Olmo e Martaguisela, consolidando así a aposta do Concello polo teatro como ferramenta educativa.

Máis de 350 escolares de Primaria asistirán mañá a unha nova función de teatro en...