
Maio cultural no Barco polo Día das Letras Galegas
O programa inclúe cine, un espectáculo multidisciplinar e música. O xoves 2 de maio arrinca o "Mes do cinema galego"

O mes de maio será dedicado á cultura no Barco, encadrado no Día das Letras Galegas que este ano se centran en Luisa Villalta. O programa comezo o próximo xoves 2 de maio co "Mes do cinema galego". O Teatro Lauro Olmo proxectará ese mesmo día a película "Mimosas", "Eles transportan a morte" —9 de maio—, "Cuñados" —do 17 ao 19—, "As neves" —día 23 de maio— e "Samsara" —30 do quinto mes do ano—. De todas elas haberá dous pases diarios ás 17:00 e ás 19:00 horas.
A protagonista deste ano é o Día das Letras Galegas é Luisa Villalta, e a súa obra serve como base para o espectáculo multidisciplinar "Indóciles", de Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nuto. Pensada para público adulto, terá lugar o 12 de maio ás 13:00 horas no Paseo do Malecón.
Xoan Curiel porá a nota musical ao programa co seu concerto "Cantando as nosas Letras" na Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán. Será o día 15 de maio ás 19:00 horas. Pola súa banda, dende o Conservatorio Profesional e a Escola de Música do Barco ofrecerán o seu "Concerto das Letras". Terá lugar ás 20:00 horas do día 16 de maio no Teatro Lauro Olmo.