viernes. 06.06.2025

O luns 9 de xuño abre a preinscrición para os campamentos intermunicipais de Vilarbó

No caso de que o número de solicitudes supere a oferta dispoñible, procederase a un sorteo público o martes 10
somoscomarca_obarco_campamentodeverano_2023(18)
O luns 9 de xuño abre a preinscrición para os campamentos intermunicipais de Vilarbó

O Concello do Barco abre o próximo luns, 9 de xuño, o prazo de preinscrición para participar nos campamentos intermunicipais na natureza que se celebran en xullo na localidade de Vilarbó. A iniciativa, promovida en colaboración con outros concellos, ofrece 35 prazas en total para nenos e mozos do municipio: 20 no campamento multiaventura e 15 no campamento Robinson.

O campamento multiaventura está destinado a mozos e mozas de entre 12 e 17 anos e desenvolverase do 5 ao 16 de xullo. O prezo é de 314 euros (sen transporte) e inclúe actividades como xogos acuáticos, canoa e remo, paintball, tiro con arco, obradoiros de medio ambiente e sendeirismo, entre outras propostas.

Pola súa parte, o campamento Robinson está dirixido a nenos e nenas de entre 7 e 11 anos e celebrarase do 22 ao 29 de xullo, cun prezo de 221 euros. Os participantes poderán gozar de xogos deportivos e acuáticos, sendeirismo, animación nocturna, obradoiros e outras actividades lúdicas en plena natureza.

A preinscrición poderá formalizarse o luns de 9.00 a 14.00 horas, de xeito presencial no 2º andar do Edificio Multiusos ou chamando ao 988 320 202 (extensión 2008). O martes 10 de xuño, ás 14.00 horas, celebrarase unha reunión no salón de actos do Edificio Multiusos para o reparto de prazas. No caso de que o número de solicitudes supere a oferta dispoñible, procederase a un sorteo público.

O luns 9 de xuño abre a preinscrición para os campamentos intermunicipais de Vilarbó