martes. 25.06.2024
somoscomarca_240601_obarco_luismenor_ppcomarcal984 (2)
Luis Menor xunto a alcaldes, portavoces, concelleiros e militantes do Partido Popular na comarca de Valdeorras

O presidente dos populares ourensáns, Luis Menor —no encontro mantido con representantes e militantes do Partido Popular na comarca de Valdeorras, dentro dos actos de campaña organizado con motivo das Eleccións Europeas— denunciou no  o abandono das comunicacións por estrada e ferrocarril en Valdeorras, fronte a unha Europa que aposta pola mobilidade de persoas e mercadorías sen fronteiras.

Nunha Europa que aposta pola conexión dos territorios, criticou, resulta inadmisible que o Goberno demore ou paralice proxectos importantísimos de comunicacións para Valdeorras. Así denunciou o enorme retraso na execución das obras de circunvalación do Barco, que deberían estar rematadas en 2022 pero que hoxe nin chega á metade da súa execución.

Seis anos despois da chegada de Sánchez á Moncloa, engadiu, aínda non foi quen de licitar ningún dos tramos da  autovía A-76, unha infraestrutura esencial para as comunicacións co interior de Galicia e para conectar as comarcas de Valdeorras e O Bierzo, afectando en xeral ás conexións entre Galicia e Castela e León.

somoscomarca_240601_obarco_luismenor_ppcomarcal984 (1)
Luis Menor durante o acto de partido mantido no Barco

Ademais, advertiu, os valdeorreses non poden seguir sufrindo o "tremendo" deterioro da estrada N-120, cun trazado antigo, inseguro e absolutamente deficiente no seu mantemento.

Lamentou que Sánchez abandoara á súa sorte aos habitantes da comarca de Valdeorras, tamén en infraestruturas y servizos ferroviarios, outro pesado lastre para a competitividade e progreso da comarca, illando aos propios ourensáns e turistas dunha zona de espectaculares paisaxes, de excelentes viños, dun patrimonio natural e histórico como poucos e dunha gastronomía de primeira

Luis Menor denuncia o abandono das comunicacións en Valdeorras