sábado 4/12/21

A mellora enmárcase nun plan conxunto xunto cas estacións de autobuses de Sarria e Monforte de Lemos

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou a concesión de servizos para a xestión da explotación da estación de autobuses do Barco de Valdeorras. Así pódese observar na Plataforma Contratos Públicos de Galicia. As empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 8 de setembro.

Este plan englóbase nunha actuación conxunta que se levarán a cabo xunto a localidade barquense en Monforte de Lemos, e Sarria por un valor estimado de máis de 811.000 euros (sen IVE).

Unha vez finalizados os contratos de concesión de servizos para a xestión da explotación do servizo público destas tres estacións de autobuses, cómpre licitar un novo contrato de explotación, que terá un prazo de 5 anos.

Así mesmo a futura concesionaria prestará ou facilitará os servizos preparatorios e complementarios do transporte a usuarios e transportistas e proporcionará os servizos de facturación, consigna, venda de billetes e información ao viaxeiro.

O adxudicatario do contrato tamén deberá cumprir coas tarefas de conservación e mantemento das instalacións.

Cómpre lembrar que a Xunta, previamente á licitación dos novos contratos de xestión da explotación destas estacións, realizou actuacións de mellora en varias destas terminais.

Todo co obxectivo de proporcionarlles aos usuarios do transporte público en autobús unhas instalacións máis cómodas e eficientes e con máis información sobre horarios, servizos e liñas dispoñibles.

Licítase a explotación da estación de autobuses do Barco