lunes. 09.06.2025

O Lauro Olmo participa na campaña "Aquí tamén se fala"

A campaña está repartida por máis de 170 centros por todo o país e entre eles, está o do Barco
O Lauro Olmo participa na campaña "Aquí tamén se fala"

"Aquí tamén se fala" é unha iniciativa cultural e de dinamización lingüística realizada pola mocidade estudantil, con accións directas nos barrios e na contorna inmediata de cada alumno. 

A campaña está repartida por máis de 170 centros por todo o país e entre eles atópase o IES Lauro Olmo. Este proxecto nacía no IES Rafael Dieste na cidade da Coruña. 

O principal obxectivo que ten a actividade é promover o galego entre o sector do comercio. No Barco os comercios do Centro Comercial Aberto tamén colaboran nesta campaña co alumnado do Lauro Olmo. O xoves, 1 de febreiro, en torno as 17 horas, o alumnado visitará a zona da Rúa da Estación, ademais de outras zonas ao longo da xornada.

Ademais, tamén se pon especial atención á música e á cultura galega, realizando gravacións e entrevistas que se divulgan nas redes sociais. «Queremos rachar cos prexuízos que pretenden dar unha imaxe distorsionada dunha suposta Galiza», se explica.

O Lauro Olmo participa na campaña "Aquí tamén se fala"