O Instituto de Estudos Valdeorreses renova a súa xunta directiva

O Instituto de Estudos Valdeorreses renova a súa xunta directiva. Foto cedida.
Incorpórase agora o profesor Julio Pérez Veiga

O Instituto de Estudos Valdeorreses celebrou Xunta Xeral Ordinaria e Asemblea Xeral Extraordinaria onte venres 30 de agosto na Casa Grande de Viloira. Así, renovou a súa Xunta Directiva coa adhesión do profesor Julio Pérez Veiga. 

O presidente continúa sendo Aurelio Blanco Trincado, o secretario José Antonio Blanco e a vicesecretaria Sherezade Núñez. No mesmo senso, tamén forman parte da directiva Miguel Garrido, José Fernández e Marisa Lamela.