Inaugúrase unha exposición dos artistas máis destacados do século XX español no Barco
A mostra, de entrada libre e gratuíta, poderase contemplar na Sala ABANCA do Barco de Valdeorras ata o 7 de maio de luns a venres de 18.00 a 20.30 horas e sábados de 11.00 a 13.30 horas
Na mañá deste xoves 7 de abril, a fundación de ABANCA e o Concello do Barco inauguraban a mostra «Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló» na sala da entidade bancaria, pechada desde fai dous anos pola pandemia.
No acto estiveron Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura do Barco de Valdeorras; Mateo Alonso, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández- Anguiano. Pero, sen dúbida, os protagonistas foron os alumnos do CEIP Condesa de Fenosa que gozaron dunha actividade guiada da man de Carmen que lles explicou as obras expostas na sala.
A través dos artistas máis destacados do século XX español, esta exposición pretende dar a coñecer as técnicas tradicionais do gravado calcográfico e as súas variantes, en especial a xilografía, a litografía e a serigrafía. En ocasións, a delimitación entre unha técnica e outra non é tan nítida xa que vos artistas actuais son quen de mesturar as distintas técnicas e mesmo inventárense outras novas.
Esta exposición enmárcase na iniciativa «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL —Federación Española de Banco de Alimentos— e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. A entidade convida aos visitantes a colaborar con esta iniciativa a través dá doazón de alimentos non perecedoiros ao visitar a mostra.
Esta exposición é froito dá colaboración enmarcada no proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo.