viernes. 30.05.2025

O I Concurso de Escaparates do CCA do Barco xa ten os seus gañadores

O certame recoñeceu a orixinalidade e atractivo de tres establecementos que engalanaron as súas vitrinas para sorprender a veciños e visitantes
portada_somoscomarca_20241113_obarco_navidad_dechus_arbolnavidad_adornosnavidad (1)

O I Concurso de Escaparates do Centro Comercial Aberto do Barco xa ten gañadores. O xurado, composto por membros do Concello do Barco, seleccionou tres establecementos como os mellores decorados desta primeira edición: Cousanosa, Bambán dos Sorrisos e D’Chus.

Este concurso, impulsado polo Centro Comercial Aberto (CCA) do Barco, naceu dentro da campaña de Nadal 2024 co obxectivo de dinamizar o comercio local e engalanar as rúas do municipio, fomentando unha maior atracción para veciños e visitantes.

 

O I Concurso de Escaparates do CCA do Barco xa ten os seus gañadores