domingo. 24.09.2023
somoscomarca_santiagocamba_medico_traumatologia_2022-06-30
El HPV incorpora novo traumatólogo e recupera a figura de coordinador cirúrxico

O Hospital Público de Valdeorras incorporará este mes de xullo a un novo especialista no Servizo de Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica que asumirá tamén a coordinación da Área Cirúrxica, recuperando esta figura nunha etapa de grandes retos, derivados da incorporación de nova tecnoloxía así como da ampliación e posta en marcha da Unidade de Cirurxía Maior Ambulatoria actualmente en obras.

O novo coordinador, Santiago Camba Bouzas, conta con ampla experiencia de xestión sanitaria tras anos de servizo na administración pública, é licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e especialista en Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica, con praza en propiedade neste servizo do Hospital Universitario de Ourense desde 1990.

Camba coñece ben o hospital barquense, co que viña colaborando de xeito habitual na programación cirúrxica ordinaria e na cobertura de gardas, no marco de cooperación establecido dentro da Área Sanitaria para a continuidade asistencial. Asistencia que continuará prestando agora xa de xeito continuado.

Compaxinará esta función co papel de coordinador do bloque cirúrxico, que servirá de referencia para o amplo conxunto de profesionais que desenvolven o seu traballo nos quirófanos, servindo de conexión entre estes e a dirección do centro. A súa principal tarefa será proporcionar un entorno de traballo orientado ao paciente e a maximizar a capacidade asistencial e recursos do hospital, facilitando que os profesionais poidan traballar cómoda e eficazmente.

Neste eido un dos seus principais retos será incorporación na asistencia diaria do novo equipamento diagnóstico e cirúrxico de alta tecnoloxía, como o novo arco radiocirúrxico recentemente adquirido, especialmente efectivo no seguemento radiolóxico en tempo real en intervencións cada vez mais frecuentes como os implantes de cadeira ou xeonllo, ou noutras moitas aplicacións como na cirurxía urxente.

As obras da Unidade de Cirurxía Maior Ambulatoria, neste intre en marcha, teñen por obxectivo ampliar a zona de atención preoperatoria, cunha nova área de estanza e control dos pacientes, con capacidade para camas e de cadeiras, cun control de enfermería, espazo que  permitirá igualmente o seu peche para manter a privacidade. A súa mellora responde a o crecemento continuado deste tipo de intervencións que permiten evitar o ingreso.

El HPV incorpora novo traumatólogo e recupera a figura de coordinador cirúrxico