viernes. 27.06.2025

O Hospital de Día Onco-hematolóxico do HPV ponse en funcionamento mañá

O delegado da Xunta, Gabriel Alén, visitou este domingo as novas instalacións acompañado pola directora do Hospital Público Valdeorras, nas que se invertiron preto de 1.3 millóns de euros que permitirán reformar e ampliar ademais do Hospital de Día a Farmacia e a Unidade de  Cirurxía Maior Ambulatoria
somoscomarca_obarco_onstalaciones_hpv_oncologia_2022 (1)
somoscomarca_obarco_onstalaciones_hpv_oncologia_2022 (1)

Os pacientes do Hospital Público de Valdeorras, desde mañá luns 5 de novembro, poderán facer uso do novo Hospital de Día Onco-Hematolóxico, a primeira das grandes reformas en marcha no centro público nas que a Xunta de Galicia está a investir 1.287909,48€, e que incluen ademais a modernización e ampliación da Farmacia e da Unidade de Cirurxía Maior Ambulatoria.

As obras do novo Hospital de Día foron especialmente complexas xa que esixiron meses de traballos e pasos previos —para liberar ás areas a reformar— ademais de habilitar os dous “hospitais móbiles” dos que dispón o Sergas para acoller esta delicada actividade asistencial, con márxes de seguridade e comodidade para manter este servizo no Barco. Evítouse así que os pacientes de Valdeorras tivesen que trasladarse a Ourense, para recibir os seus tratamentos de quimioterapia durante os traballos.

Coa apertura das renovadas instalacións, totalmente equipadas e con moito mais espazo tanto na área de tratamentos como consultas, ábrese agora o prazo de arranque da ampliación da Unidade de Cirurxía Maior. En paralelo as obras de Farmacia están moi avanzadas, polo que agardase estén dispoñibles nos próximos días.

 

Melloras en espazos e equipamento

O novo Hospital de Día, conta con cadeiras de tratamento con brazos, mais cómodas e separadas para favorecer a privacidade e a seguridade. Igualmente a unidade dotouse con camas lixeiras de fácil transporte, e un control de enfermería aberto  e amplo para facilitar o traballo asistencial con boa visibilidade de todos os postos.

somoscomarca_obarco_onstalaciones_hpv_oncologia_2022 (4)
Margarita Rodríguez e Gabriel Alén durante a visita ás instalacións

Ademais a nova área oncolóxica tamén inclue unha mellora moi esperada na área de consultas, que conta agora con dúas salas e unha área ampla área de espera con bancadas.

As obras permitiron, asemade, actuar para habilitar unha sala independente para o servizo de Endoscopias/Dixestivo, con dúas áreas incorporadas: unha adicada á espera de consultas e outra á espera de probas.

Ampliación de Farmacia, Cirurxía Ambulatoria e Consultas

As obras que se están a realizar en Farmacia permitirán crear unha zona de recepción-dispensación; outra para a almacenaxe de material; localización da neveira de citostáticos e colocación dos EPI do persoal que traballa no interior das cabinas. A reforma está a habilitar un espacio para o laboratorio e unha área especifica para a realización do reenvasado da medicación.

somoscomarca_hpv_oncologia_instalaciones_2022 (1)
Alén y Rodríguez en la zona de sillas con cabezales y mandos para cada paciente

Co remate inminente das de Farmacia as que comezarán estes días son as da Unidade de Cirurxía Maior Ambulatoria (CMA), onde se vai a ampliar a zona de atención preoperatoria, cunha sala aberta e máis ampla, con áreas para camas e de cadeiras de brazos distribuídas de xeito que sexa posible a visión directa desde o control de enfermería, ademais de permitir, en caso necesario, o seu peche para manter a privacidade dos pacientes antes ou despois da súa entrada a quirófano.

somoscomarca_hpv_oncologia_instalaciones_2022 (2)
Zona de endoscopia y digestivo

Ademais desta obra, este verán a reactiváronse as obras de Consultas Externas, cun orzamento que se ampliou de 453.949,4 € a 649.907,57 € para executar as obras, que a Consellería de Sanidade lle encargou este verán á empresa pública TRAGSA.

somoscomarca_hpv_visita_obras-farmacia_consultasexternas_hospitaldedia_conselleiro_comesaña_gabrielalen_2022-01-21 (11)
Visita do conselleiro de Saúde, Julio Comesaña, á zona de farmacia o pasado xaneiro

As obras, actualmente en marcha, cun prazo de execución de 12 meses, que teñen por obxectivo a reforma e actualización da área de consultas externas, a dotación dun sistema de quenda, instalar un novo ascensor-montacamas, mellorar o confort térmico da área de Rehabilitación e espera da Resonancia Magnética, e das consultas externas, instalando nos accesos unha cortina modular de aire con control intelixente e portas corredizas automáticas.

O Hospital de Día Onco-hematolóxico do HPV ponse en funcionamento mañá