Historias con susto para durmir a gusto o espectáculo de Samaín no Barco
Esta proposta de humor e medo, dirixida ao público familiar desfrutarona grandes e pequenos na carpa situada na praza do Concello do Barco
Historias con susto para durmir a gusto, o espectáculo da contadora de historias Vero Rilo e da intérprete musical Sonsoles Penadique púidose ver e ouvir este domingo na praza do Concello do Barco. Unha proposta de humor e medo, dirixida ao público familiar na que desfrutaron grandes e pequenos.
Pese ao mal tempo, frio e choiva os valdeorreses pero sobre todo os veciños do Barco non quixeron perderse o espectáculo de humor as escuras destas dúas mulleres que poñen todo o amor no que fan. Ese ben facer converte o seu espectáculo nun rato único.
«Trátase dun espectáculo que se desenvolve na escuridade e en que a compañía prepara o ambiente para ofrecer a súa peculiar ollada sobre as historias de sempre, fuxindo do politicamente correcto que non deixa de ver fantasmas onde non os hai», aseguran.
Vero Rilo e Sonsoles Penedique combinan a narración, o canto e a música de historias e contos que fai as delicias do público.