miércoles. 29.11.2023

O secretario xeral do PSdeG participou nun encontro no Barco

coa militancia socialista de toda a comarca

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, fixo onte parada en Valdeorras, onde participou nun encontro coa militancia da comarca. O futuro candidato á Xunta de Galicia polos socialistas, foi recibido diante do casa consistorial do Barco polo alcalde, Alfredo García. Enrique Álvarez Barreiro, alcalde de Vilamartín e  outros históricos do partido como Miguel Bautista Carballo —primeiro suplente do primeiro candidato ó Senado—,tamén estiveron no recibimento. Ademais de Caballero achegáronse  á bisbarra os candidatos ó Congreso, Marina Ortega e Adolfo Pérez Abellás —número 1 e 2 respectivamente— e Juan Carlos Francisco Rivera, candidato ó Senado.

Caballero conversa cunha praceira acompañado de Alfredo García e Irene Dacal

É a segunda visita de Caballero á comarca en menos dun mes. O pasado outubro reuníase co persoal do Hospital Comarcal Valdeorras para atender as peticións en defensa dun sistema sanitario público digno. Desta, Caballero aproveitou a visita para compartir inquedanzas coas traballadoras dos postos da Praza de Abastos coas que conversou, antes de comparecer ante os medios. O secretario xeral do PSdeG asegurou que «entramos na recta final dunha campaña electoral de moita intensidade». Destacou que Pedro Sánchez foi o gañador do debate do pasado luns «gañando con claridade, xa que amosou sentido da responsabilidade, porque temos un proxecto de futuro para o país e fronte o PSOE de Pedro Sánchez no debate só apareceron tres dereitas rancias, retrógradas e dirixidas e orientadas por un Abascal que nos preocupa moito». O voceiro do PSdeG tamén afirmou que «estamos presentando o único proxecto para que España avance e para que os cidadáns lles vaia ben, xa que o único proxecto de futuro é o do Partido Socialista».



Respecto a Galicia,

Caballero  indicou que «cada día que pasa

hai máis galegos e galegas que teñen claro que para o futuro de Galicia, para o

progreso e avance, o voto útil que frea as dereitas e a ultradereita, é o voto

o PSOE e canto máis fala Feijóo e máis engana os cidadáns en materias como

economía, infraestruturas ou políticas sociais, máis apoios perde Pablo Casado».

Foto de familia na celebración no restaurante

 O alcalde do Barco, Alfredo García, tamén se expresou en termos similares, afirmando que «o único candidato que da garantías os cidadáns e que pode formar goberno é Pedro Sánchez e o PSOE, polo que nós temos que seguir insistindo nestes días que queda de campaña para tentar mobilizar a toda cidadanía e que este país o fin teña un goberno». A visita a Valdeorras rematou nun coñecido establecemento hostaleiro de Vilamartín, onde se celebrou un almorzo mitin coa presenza de máis de 60 militantes de toda a comarca

Gonzalo Caballero chama á mobilización na súa visita a Valdeorras