viernes. 22.09.2023

Gargallada volveu trunfar na súa terra enchendo o Teatro Lauro Olmo

A obra dirixida  por Manuel Caramés, «Crónica dun Pobo» colgou o cartel de «completo» os dous días de función no teatro barquense
somoscomarca_obarco_teatro_cronicadunpobo_gargallada_202320233024 (6)

"Crónica dun pobo" estreouse o pasado venres no Teatro Lauro Olmo do Barco, onde tamén se representou o sábado. Ambos días o patio de butacas encheuse ate o galiñeiro. Esta farsa histórica é unha visión traxicómica sobre as guerras e os réximes autoritarios e de quen sofre as súas desastrosas consecuencias, a «xente común».

somoscomarca_obarco_teatro_cronicadunpobo_gargallada_202320233024 (3)

O elenco formado por trece actores e actrices encarna persoaxes coma un mariñeiro e un ferreiro que son amigos pero en realidade son inimigos, unha avoa que debe coidar do seu neto , unha moza trastornada pola barbarie, un vendedor de globos de cores e bonecos, unha muller a quen os bombardeos impiden ir lavar a roupa e un ditador co seu séquito de secretarios, censores e verdugos, aclamado por folclóricas e toureiros.

somoscomarca_obarco_teatro_cronicadunpobo_gargallada_202320233024 (1)

A obra dirixida por de Manuel Caramés contou coa colaboración de Antela Roo ao acordeón. Está baseada en textos do actor, humorista y debuxante Miguel Gila e, é a décimo sexta que sube á escena.

somoscomarca_obarco_teatro_cronicadunpobo_gargallada_202320233024 (5)

En Gargalla Teatro non paran e tras o éxito de "Un desastre de función" presentron a súa nova obra, "Crónica dun pobo", un proxecto que estrearon este venres, 8 de setembro, na casa, no Teatro Lauro Olmo do Barco.

 

Gargallada volveu trunfar na súa terra enchendo o Teatro Lauro Olmo