viernes. 20.06.2025

Procesión da Octava do Corpus en Viloira entre flores e comunións

A tradición manda que a Custodia procesione baixo Palio, acompañada polos nenos da primeira comunión e pare no altar na parte alta do pobo e así se fixo

Desde primeira hora da mañá as bombas de palenque resoaban no val do Sil ao seu paso polo Barco. Viloira, pobo fogueteiro, estaba a celebrar a festa da parroquia, a Octava do Corpus.

O domingo seguinte ao da festividade relixiosa —hai anos celebrábase o xoves— ,os veciños de Viloira visten as rúas e a praza de Ramón Otero Pedrayo de festa para que os nenos da primeira comunión luzan os seus traxes e a Custodia en mans do párroco vaia baixo palio ate os altares.

somoscomarca_240609_viloira_procesioncorpus_1105 (9)
Nenos da primeira comunión botando os pétalos sobre a alfombra

En Viloira o altar situouse na parte alta, a procesión detívose e os nenos cantaron. Logo botaron pétalos de rosa sobre unha alfombra feita polas mulleres da parroquia. Un gran cáliz dourado sobre un fondo vermello chamaba a atención.

somoscomarca_240609_viloira_procesioncorpus_1105 (2)
Chegada á igrexa de San Martiño

Logo da parada a procesión rúa abaixo chegou a praza para acadar a igrexa, onde despois de interpretar uns cánticos e oración a celebración deuse por concluida.

somoscomarca_240609_viloira_procesioncorpus_1105 (20)
A Praza de Viloira converteuse en lugar de encontro para tomar un vermú.

Atrás quedan dous días de festa que comezaba cunha gran cea popular á que asistían unas 600 personas.

Procesión da Octava do Corpus en Viloira entre flores e comunións