viernes. 29.03.2024
vinño e poesia_cata ruta do vinho_02 (2)
Florencio presente na Feira do Viño a través dunha exposición

Viño e cultura danse a man nesta nova edición da Feira do Viño do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, cun protagonista, Florencio Delgado Gurriarán. É o seu ano e non podía faltar na cita que se celebra este fin de semana  do 9 e 10 de xullo en Viloira.

O autor homenaxeado nas Letras Galegas 2022 foi o protagonista da representación que onte, xoves, se celebrou no Teatro Lauro Olmo, cunha viaxe de música, palabra e imaxe a cargo de Arraianos Producións. Tamén o estará no propio recinto feiral onde se instalarán catro paneis multimedia creados pola mesma produtora.

Arraianos Foto
Arraianos nun momento do recital

A exposición «A Galicia Infinda de Florencio Delgado Gurriarán» fai un percorrido pola vida e obra do autor e complétase con declaracións da súa familia. Cada panel, ademais de imaxes e texto, conta cun código QR a través do cal se poden ver vídeos breves onde as súas netas, netos, fillas e fillos lembran a Florencio. Segundo o comisario da mostra, Aser Álvarez, trátase «dun material moi valioso porque ves como a memoria de Florencio segue viva na súa estirpe, como se trasladou esa memoria familiar». Entre os audios recollidos, destaca un inédito de Delgado Gurriarán cantando e tocando a percusión. 

vinño e poesia_cata ruta do vinho_02 (1)
Durante a cata dos viños Florencio presente na obra de Artesanía Enxebre

Os poemas de Florencio estarán presentes na zona de cata da Feira do Viño, onde se instalarán as creacións realizadas por Artesanía Enxebre — unha empresa de Viloira moi implicada na divulgación da obra do poeta corgomés—, que xa se utilizaron nunha cata de poesía e viño da Ruta do Viño de Valdeorras.

Florencio presente na Feira do Viño a través dunha exposición