jueves. 23.03.2023

A figura de Andrés de Prada na Semana Cultural de Vilanova

Isidro García Tato disertará sobre «A figura de don Andrés de Prada y Gómez de Santalla» na Semana Cultural organizada pola asociación O Mosteiro, os días 8, 9 e 11 de agosto
A figura de Andrés de Prada na Semana Cultural de Vilanova

A Asociación Cultural O Mosteiro está a organizar a Semana Cultural  do presente ano que se vai a celebrar  os días 8, 9 e 11 de agosto. «Esta edición conta cun programa para todos os públicos e dende a xunta da directiva da asociación esperamos que as actividades resulten do agrado de todos. Coma en anos anteriores contamos, para levar a cabo esta iniciativa, coa colaboración do Concello do Barco», aseguran desde a directiva da Asociación Cultural O Mosteiro.

O historiador valdeorrés e membro do Centro Superior de Investigaciones Científicas, Isidro García Tato disertará sobre a figura de Andrés de Prada. «Han pasado casi 23 años y el próximo jueves 11 de agosto a las 20:30 horas volvemos a estar citados por la "Asociación Cultural O Mosteiro" a la ceremonia de la colocación de una placa dentro de la misma iglesia, en la que consta que en ella descansan los restos de don Andrés de Prada y Gómez de Santalla (+ 13-junio-1611), secretario de don Juan de Austria en el levantamiento de las Alpujarras, en la batalla de Lepanto y en el gobierno de Flandes; secretario de Alejandro Farnesio en el mismo gobierno; administrador de los estados del Marqués de Villafranca; Secretario de Guerra (Tierra) de Felipe II; Secretario de Estado de Felipe III, etc. etc. Es decir, el personaje más ilustre de toda la larga historia de Valdeorras. En una breve intervención intentaré resumir el amplísimo historial de tan destacadísimo personaje, orgullo de Valdeorras y de toda Galicia. Están todos invitados», comunicaba na súa rede social de Facebook, García Tato.

Isidro García Tato, invitado na Semana Cultural de Vilanova

Os actos da Semana Cultural comezan o luns., 8 de agosto, cun concerto do dúo “Farsantes”, formado polos ourensáns David Quintas e Toño Varela, ás 22:00 horas nas pistas das Escolas. O martes, xogos para nenos, ás 18.30 horas na zona das Escolas. «Todos os participantes terán agasallo e desfrutaremos dunha merenda xuntos». 

E por último, o xoves 11, conferencia de Isidro García Tato que disertará sobre «A figura de don Andrés de Prada y Gómez de Santalla». Durante o acto descubrirase una placa que recordará que os seus restos mortais están enterrados na Igrexa de Vilanova. A conferencia será na igrexa ás 20:30 horas.

Igrexa de Vilanova

Durante a Semana Cultural estará aberta a aula “José Manuel González” para ver a exposición de fotografías antigas da aldea. «Esperamos contar cunha ampla participación nesta vindeira Semana Cultural», desexan desde a asociación de Vilanova.

A figura de Andrés de Prada na Semana Cultural de Vilanova