A Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico celébrase na Praia Fluvial do Malecón os días 2 e 3 de setembro, con 20 casetas nas que exporán e venderán os seus produtos 24 expositores procedentes das Terras de Tras-os-montes, Viana do Castelo e Vilaflor, en Portugal, e de Valdeorras, A Coruña, Lugo e a comarca de Trives, en Galicia.
Entre a oferta presente na feira haberá queixo, mel, aceite, licores e embutidos de Galicia, de alta calidade e elaborados de forma tradicional en municipios do noroeste peninsular ubicados principalmente no rural. Entre os produtos dispoñibles na Feira haberá tamén postres típicos portugueses como os bolos, a torta de Viana ou os pasteis de nata.
Na zona de degustación, os visitantes serán a oportunidade de probar diferentes produtos, entre eles o caldo verde, o sandes de polo e porco e as moelas, pratos típicos pratos portugueses. Durante os días de celebración da Feira, que abrirá as súas portas de 11.00 a 14.00 horas, por la mañá, e de 17.00 a 21.00 horas, pola tarde, celebraranse diferentes actividades musicais e lúdicas.
Tanto o sábado como o domingo haberá obradoiros, un de ensamblaxe de mini carros de madeira coa empresa “Artesanía Enxebre”, e outro de torno de barro cos artesáns de “Ceniza de Papel”, ambas amparadas en Artesanía de Galicia. Os interesados en participar nos obradoiros deberán anotarse nas casetas dos artesáns.
As 20,00 horas do sábado 2 de setembro, a enóloga Cecilia Fernández dirixirá unha cata maridada con degustación de produtos do Eixo Atlántico. O aforo será limitado, e os interesados poderán anotarse previamente no mail infoturismo@concellodobarco.org, e tamén na propia feira.
Por último, no apartado musical está prevista actuación no recinto do grupo "Iker Piris & His Dual Electras", o domingo ás 13.00 horas. O obxectivo desta feira é a promoción de pequenos produtores do rural galego e do norte de Portugal, que elaboran produtos tradicionais de alta calidade.
Organizada polo Concello do Barco, conta coa colaboración do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular a través de liñas de axuda procedentes de fondos europeos que teñen como fin achegar iniciativas sostibles aos territorios rurais, co obxectivo final de fixar poboación neles.