
Unha Feira do Libro tardía complementa ás Letras Galegas

A Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán de O Barco acollía onte a presentación do programa da tardía Feira do Libro de este ano, que terá lugar finalmente, os próximos 19 e 20 de maio na Praza Andrés de Prada. Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura, sinalaba que desta vez, ven enclavada dentro dos actos das Letras Galegas, complementándose así ambos programas. Amosábase satisfeita «por conseguir a implicación de artistas da comarca» e contar «con librerías novas que veñen dende A Rúa e Quiroga a participar na Feira».
Ademáis dos stands dos libreiros e asociacións da comarca, o programa da Feira do Libro complétase cun roteiro literario a través dos establecimientos hosteleiros da localidade. Nos bares, cafetarías e restaurantes, xa se poden atopar carteis que amosan textos elexidos por alumnos como os seus favoritos de entre as lecturas que fixeron este ano. Moitos son os locais participantes, incluso algún deles, como La Maltería, participará da Feira do Libro entregando textos escollidos polo alumnado do Barco con cada consumición.
O programa tamén recolle un contacontos o sábado a partir das 12.30 horas na beira do Sil, cunha temática centrada na natureza. Tras él, outorgaranse os premios do Obradoiro As árboles de Florencio, que os cativos de primaria realizaron no Día da Terra. Dentro das actividades musicais, terá lugar a presentación do disco de Roberto Fernández Verde Nai e a actuación das Macizas Centrais o domingo, en sesión vermú.
A tarde do domingo pecharase coa visita dos escritores valdeorreses que na actualidade están a publicar e a ser recoñecidos, entre outros estarán convidados Charo Álvarez, David Vázquez, Mencía Yano, Laura Modelo e Jorge Rodríguez.