sábado. 05.07.2025

A Feira do Viño supera as expectativas, auméntase un 20% a asistencia de 2019

O presidente do Consello Regulador amósase satisfeito coas cifras e considera que o foro foi capaz de atraer á xente nova, de entre 20 e 30 anos, que era unha das súas «materias pendentes»
Feira do Viño de Valdeorras 2022, despedida y cierre (18)
A Feira do Viño supera as expectativas, auméntase un 20% a asistencia de 2019

Malia ás elevadas temperaturas que se rexistraron durante toda a fin de semana no Barco, a XXIII edición da Feira do Viño de Valdeorras desafíou ao calor e congregou na Praza de Viloira durante toda a fin de semana a numerosas persoas. “Calculamos que a asistencia medrou un 20% con respecto ao ano 2019, o anterior a pandemia, e que unhas 8.000 persoas pasaron nalgún momento da fin de semana polo recinto feiral”, sinala o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando.

Feira do Viño de Valdeorras 2022, despedida y cierre (10)
Pando brinda con Santos e Alonso, concelleiros do Concello do Barco no derradeiro día da Feira

«Ademais, conseguimos atraer numeroso público cun rango de idade comprendido entre  os 20 e os 30 anos, que antes da pandemia se nos escapaba. De feito, era unha das nosas materias pendentes», abunda García Pando. O presidente do Consello Regulador tamén fai fincapé no éxito das catas comentadas que se celebraron como actividades paralelas nos xardíns da Casa Grande de Viloira e que completaron o seu aforo en todos os casos.

A Feira do Viño supera as expectativas, auméntase un 20% a asistencia de 2019