miércoles. 06.12.2023
somoscomarca_fedeperez_2022-07-03
Federico Pérez Rey: “Quero que todos nos riamos un pouco e ensalzar a figura que nos reune o sábado”

A xornada do sábado da XXI Festa do Botelo arrancará co pregón do actor galego Federico Pérez Rey. Terá lugar no Teatro Lauro Olmo a partires das 12:00 horas. “Teño moitas ganas de estar aí desfrutando con todos”, recoñece, “e tamén moita fame”.

O contido do pregón sempre é unha incógnita, pero Pérez adianta que non vai ir de ningunha verdura e que sobre todo non vai ser nada serio. “Quero que todos nos riamos un pouco e enxalzar a figura que nos convoca o sábado: o botelo”, explica.

Tamén se remontará á orixe deste prato, con “referencias históricas e antropolóxicas, pero sempre dende o meu filtro humorístico e irónico”. Federico foi pregoeiro da pasada edición da Feira do Viño de Valdeorras. “Teño viño, comida e agora fáltame a sobremesa”, di entre risas, “como pasamos moito calor dixéronme: prepárate que vas vir ao botelo e así xa coñeces as dúas climatoloxías que hai en Valdeorras”.

Inauguración Feira do Viño de Valdeorras by Sonia Rodríguez (29)

O pregoeiro afirma que non dubidou á hora de aceptar o recoñecemento, “estas cousas decídense rápido, soamente tes que cadrar que non teñas outro compromiso”. Tamén recoñece a súa ledicia e agradecemento por voltar á comarca, “gústame moito Valdeorras, é unha delicia sempre que vamos con algún espectáculo teatral ao Teatro Lauro Olmo, é un publico moi agradecido”.

Para completar a súa presenza na comarca, tanto o vindeiro domingo 25 como o luns 26 de xaneiro, poderase desfrutar no Teatro Lauro Olmo da película “A corpo aberto”, na que participa Federico Fernández. “É un moi bo proxecto no que nos embarcamos hai tempo”, defende.

Porén, para o actor, este inicio de 2023 está definido pola tranquilidade. Antes do Nadal remataba a gravación da segunda tempada de “Rapa”, a exitosa serie de Movistar+, a cal afirma que se poderá ver a mediados de ano. Ademais, recorda que non hai que perder de vista os seus proxectos “Argonautas” (orientada aos máis novos) e “Cuñados” (con posibilidade dunha segunda parte).

Federico Pérez Rey: “Quero que todos nos riamos un pouco e ensalzar a figura que nos...