

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez compareceu en rolda de prensa xunto ao alcalde de Ponferrada, Marco Morala; o deputado no Congreso, Celso Delgado; o membro da candidatura dos populares pola provincia de Ourense ao Parlamento de Galicia, Xosé Manuel Merelles; diputada delegada especial de la Diputación para Valdeorras, María del Carmen González Quintela; e o voceiro do partido no Barco, Manuel Núñez.
A conselleira denunciou o “deplorable estado das comunicacións viarias e ferroviarias, que condena a Valdeorras a un illamento inxusto”. Un illamento que, segundo asegurou, “supón un auténtico lastre para a competitividade económica da zona e para a calidade de vida dos seus veciños”.
Dende o PPdeG lamentaron, ademais, que «o Goberno de España non estea a cumprir cos municipios valdeorreses. Un incumprimento que se produce en total conivencia co BNG posto que no pacto para a investidura de Sánchez que este partido asinou co PSOE non se recolle ningunha destas demandas».
Capacidade de Valdeorras para atraer turismo
Durante a rolda de prensa, a conselleira quixo poñer en valor que Valdeorras é, grazas ao sector da lousa, unha das zonas de Galicia con maior capacidade para xerar riqueza e maior dinamismo industrial. Tamén o ámbito vitivinícola supón un puntal para a economía da zona.
E, tal como agregou Xosé Manuel Merelles, quen cesou recentemente como director da Axencia de Turismo de Galicia para se integrar na candidatura dos populares de Ourense ao Parlamento de Galicia, este eido posúe, ademais, “unha gran oportunidade de atracción turística, en tanto en canto cada vez son máis os visitantes que se decantan por achegarse a un territorio para desfrutar da súa gastronomía e dos seus viños”.
Declaracións de Ethel Vázquez:
Nin un só paso para avanzar na A-76
«Non pode haber un desenvolvemento turístico óptimo nin oportunidades para os emprendedores que tiran do PIB e crean postos de traballo en Valdeorras, se o Goberno de España non impulsa a comarca coas novas infraestruturas que precisa e co mantemento axeitado das que xa existen». sinalou a conselleira.
Dende o PPdeG lembran que Sánchez, respaldado polos seus “socios independentistas do BNG” non deu nin un só paso para “avanzar na autovía A76 para unir Ourense con Ponferrada”. Trátase dunha infraestrutura vital para vertebrar a Galicia central e interior conectándoa coa Meseta.
Malia levar moitos anos planificada, esta autovía non comeza a transformarse en realidade por falta de vontade política do Partido Socialista, denunciaron os comparecentes na rolda de prensa que a sede do PP no Barco acolleu esta tarde.
Tras insistir en que no pacto de investidura que asinaron os socialistas co Bloque, para esta lexislatura, “non aparece nin unha soa referencia a A-76 nin á comarca de Valdeorras” e denunciar que “nos diferentes gobernos de Sánchez non se impulsara de ningún modo a A-76, unha infraestrutura que non ten ningún treito en servizo, nin en obras nin en contratación”, Ethel Vázquez lamentou que se perderan cinco anos determinantes para o avance de Valdeorras. “No último lustro non se fixo nada, foi un tempo totalmente perdido para as comunicacions desta comarca”, afirmaron os populares.
Declaracións de Celso Dergado Arce, diputado:
N-120 e circunvalación do Barco
Xunto a isto, tamén se puxo o foco no deterioro “alarmante da N-120 pola falta de conservación e mantemento do firme”, competencia tamén do Goberno de España. E, ademais, os populares lamentaron o “incumprimento do compromiso de licitar os necesarios carrís de adiantamento” nesta estrada nacional, en concreto no treito que enlaza Os Peares/Alto de Guitara con Ourense, lembrando que este proxecto iniciouse no ano 2017. “Tampouco se licitou o acceso completo á N-120 desde Vilela, na Rúa”, engadiron.
Paralelamente, os membros do PP que compareceron na rolda de prensa, con Ethel Vázquez á cabeza, denunciaron o “atraso eterno das obras na circunvalacion do Barco, que continúan sen data prevista de finalización”. E aludiron tamén á “sangrante situación do ferrocarril, con retrasos nas obras da liña Ourense-Monforte-Lugo ou no corredor atlántico”, o que na práctica significa “un desmantelamento dos servizos de tren”.
Declaracións de Marco Morala:
Compromiso do PP coa comarca
Fronte ao abandono e desprezo do goberno socialista, en complicidade co BNG, a conselleira expresou o compromiso dos populares por continuar loitando por unha mellora das comunicacións para a comarca. “Imos apoiar con contundencia os intereses desta zona de Galicia perante o Goberno de España, defendendo a mellora da rede viaria e das comunicacións ferroviárias”, apostilou.
Xunto a isto, Ethel Vázquez afirmou que un goberno da Xunta, con Rueda á fronte, seguirá impulsando na comarca actuacións en materia de infraestruturas no marco do seu ámbito competencial. Neste sentido, sinalou a vontade de iniciar canto antes a redacción do proxecto de trazado da reforma da estrada OU-533 para mellorar a conexión de Valdeorras coa A-52 e coa estación do AVE da Gudiña.
Finalmente, os populares lembraron que malia que solicitaron ao Goberno de España fondos europeos “para impulsar esta actuación, a petición foi denegada”. “O Partido Socialista non inviste en Valdeorras nin quere que o fagamos nós”, concluíu a conselleira.
