martes. 27.01.2026

Estudantes de Italia e Romanía conviven esta semana no Barco grazas ao intercambio do IES Lauro Olmo

Vinte estudantes de Italia e Romanía participan esta semana nun programa de intercambio co IES Lauro Olmo, que inclúe actividades para coñecer O Barco e a comarca de Valdeorras
somoscomarca_20260126_obarco_visita_ieslauroolmo_rumania_italia2580
Estudantes de Italia e Romanía conviven esta semana no Barco grazas ao intercambio do IES Lauro Olmo

O Barco de Valdeorras convértese estes días nun punto de encontro europeo coa chegada de 20 estudantes e catro profesores procedentes de Italia e Romanía, que participan nun programa de intercambio escolar co IES Lauro Olmo.

Trátase de alumnado do Liceo Rosa Gianturco (Potenza, Italia) e do Colegiul Național Pedagogic Mircea Scarlat (Alexandria, Romanía), dous centros cos que o instituto barquense mantén relacións de intercambio educativo. No caso do centro italiano, este é xa o terceiro curso consecutivo no que se desenvolve esta experiencia.

A recepción oficial tivo lugar este luns no Concello do Barco, onde o alcalde, Aurentino Alonso, e a concelleira de Turismo e Promoción Económica, Alba Rodríguez San Martín, deron a benvida ao grupo visitante.

Durante toda a semana, o alumnado participante realizará diferentes actividades pensadas para coñecer O Barco de Valdeorras, a comarca de Valdeorras e as súas costumes, combinando a convivencia co intercambio cultural e educativo.

O programa terá continuidade nas próximas semanas, cando serán estudantes do Barco os que viaxen a Italia e Romanía para completar esta experiencia de intercambio internacional.
 

Estudantes de Italia e Romanía conviven esta semana no Barco grazas ao intercambio do...