jueves. 19.06.2025

A Escola de Música do Barco incorpora o baile tradicional galego como nova especialidade

Con esta nova disciplina, a Escola de Música continúa a diversificar a súa proposta educativa, abrindo espazos para a tradición e a identidade local no ensino artístico
A Escola de Música do Barco incorpora o baile tradicional galego como nova especialidade

A Escola Municipal de Música do Barco de Valdeorras amplía a súa oferta formativa cunha nova especialidade: o baile tradicional galego. Esta incorporación busca recuperar e poñer en valor as danzas populares propias da cultura galega, fomentando ao mesmo tempo a participación da comunidade local nas actividades culturais.

As persoas interesadas poden formalizar a súa preinscrición dende o 13 de maio ata o 20 de xuño. O trámite poderá realizarse no propio centro, situado na rúa Estación nº 2, nos horarios de secretaría: de 10.00 a 12.00 e de 16.00 a 19.00 horas. Tamén está dispoñible o contacto telefónico 988 320 533 e o correo electrónico esmu.municipal.obarco@edu.xunta.gal para máis información.

Con esta nova disciplina, a Escola de Música continúa a diversificar a súa proposta educativa, abrindo espazos para a tradición e a identidade local no ensino artístico.
 

A Escola de Música do Barco incorpora o baile tradicional galego como nova especialidade