viernes. 29.03.2024
Repolo na horta
O Concello do Barco só permite o consumo da auga da traída para uso doméstico

«A escaseza de choivas durante os últimos meses complicaron o verán en canto as reservas de auga e xa hai núcleos rurais, como por exemplo este, que empezan a ter problemas no abastecemento», comeza o Bando do Concello do Barco.

«É por iso que para aliviar a situación faise necesario que todos e todas tomemos conciencia do problema que fagamos un consumo de auga responsable, polo que vos pedimos un novo esforzo de colaboración para conseguir manter a reservas o máximo tempo posible, mantendo os niveis adecuados de auga nos depósitos de abastecemento», sigue.

Como conseguinte non se poderá facer uso da auga de abastecemento para encher piscinas ou depósitos que non estean destinados a uso doméstico. Lavar coches, terrazas, patios coa mangueira ou regar hortas tampouco está permitido. So se poderá destinar a auga da traída para o consumo doméstico.

Así mesmo vixiaránse as perdas na rede de abastecemento e controlarase os consumos domésticos para que non haxa abusos e así evitar derroches que prexudiquen ao normal abastecemento.

«Facemos este chamamento aos veciños e veciñas e tamén aos habitantes non empadroados que veñen a desfrutar nas súas vivendas neste período estival para que tomen conciencia da necesidade de realizar un consumo racional asustado e solidario da auga», remata o bando

O Concello do Barco só permite o consumo da auga da traída para uso doméstico