




























Unha das primeiras celebracións por San Xoán arrincou en Éntoma, coa oitava edición da súa andaina. Ás 20:30 horas de onte comezaba a carreira infantil con nenos de ata seis anos e ás 21:00 foi a quenda da andaina popular con 3,5 quilómetros de lonxitude. Preto de 150 persoas participaron nestas probas deportivas.

Alegría e ganas de pasalo ben. Logo tocaba recuperar forzas, e así foi coa pancetada e a churrascada popular —elaboradas pola Comisión de Festas— e a entrega de premios. O toque musical foi posto por Dj Tariro, que amenizou o primeiro baile das Festas de San Xoán de Éntoma.

Este é o programa para o resto das festas:
Hoxe, sábado 22 de xuño:
18.00 horas - Xogos para os cativos
21.00 horas - orquestra América SL
01.00 horas - verbena coa mesma orquestra
Mañá, domingo 23 de xuño:
18.00 horas - Festa da escuma
21.00 horas - Orquesta Finisterre
22.00 horas - Sardiñada (organiza Bar Martillo)
00.00 horas - Verbena coa orquestra Finisterre
Luns 24 xuño, Día de San Xoán:
12.30 horas - Misa solemne e procesión
20.30 horas - Grupo Fénix