miércoles. 25.06.2025

Éntoma (O Barco) celebrou as súas festas de San Xoán

A procesión e a actuación do Grupo Lume marcaron un día grande das festas
san juan éntoma-

Durante o pasado fin de semana,  Éntoma, en O Barco, viviu unha das súas celebracións máis tradicionais e queridas: as Festas de San Xoán. Unha celebración que combina a devoción popular, a música en vivo e un gran ambiente.

san juan éntoma-


A xornada do 24 de xuño, día grande das festas,  comezou ás 12:00 horas, coa saída do santo en procesión que percorreu as rúas principais do pobo. A saída foi acompañada pola charanga Los Bercianos, que amenizou o camiño con música en vivo seguido polos fieles de devotos.

san juan éntoma-2


Ao rematar a procesión, a festa continuou, onde os veciños puideron desfrutar de diferentes actividades e celebrar cos seus invitados. A tarde foi 
especialmente animada coa actuación do Grupo Lume, que ofrecou unha sesión de tarde que deixou a todos os asistentes con ganas de máis. A música en vivo, con ritmos tradicionais e modernos, animou a todos a bailar e a gozar.

san juan éntoma-3


As Festas de San Xoán en Éntoma son unha oportunidade para manter viva a tradición, fortalecer os lazos entre os veciños e atraer a visitantes que queren vivir unha experiencia auténtica e chea de sentimento. A participación activa de todos  e o apoio das persoas que acoden ao pobo fan que estas festas sexan un momento especial.  As festas comenzaban o sábado 21 de xuño coa actuación do Dj Amadeo. O domingo se tomou como descanso e o luns 23 continuo a festa coa actuación do Duo Garibaldi en sesión de tarde e noite

Éntoma (O Barco) celebrou as súas festas de San Xoán