
Comezan os traballos de ampliación no parque infantil do Malecón
Colocaranse tubos, tobogáns e diferentes xogos, ademais dunha tirolina de 22 metros de longo

Un dos parques infantís do Paseo do Malecón —a carón da explanada da festa— será ampliado. Comezaron xa as obras por parte da empresa adxudicataria MyParque, cunha partida orzamentaria de 93.458 euros. Segundo explicaba o alcalde, Alfredo García, «se instalarán nuevos elementos de juego en el espacio antes ocupado por el skate».
Ditas obras arrincan xa co chan, que vai ser acolchado, e continuarán coa ampliación do espazo «para poder meter después una tirolina, algo muy demandado por los niños». Un elemento que terá unha lonxitude de 22 metros e que non se inclúe no orzamento desta adxudicación, polo que suporá unha inversión de case 13.000 euros.
Refería Alfredo García que con este novo espazo e os elementos como tubos, tobogáns e outros xogos «conseguiremos que pueda haber hasta 30 ó 40 niños jugando al mismo tiempo».