Adxudicada a obra de ampliación do parque infantil do Paseo do Malecón
Explicaba o alcalde do Barco, Alfredo García que «también, ya fuera de este proyecto, se colocará una tirolina porque nos la piden mucho». Colocaranse tubos, tobogáns e diferentes xogos
Adxudicada a obra de ampliación do parque infantil do Paseo do Malecón.
«Llevamos tres años detrás de esta adjudicación porque tenemos muchas ganas de ampliar y mejorar este parque, porque tenemos muchos pero muy pequeños». Así explicaba o alcalde do Barco, Alfredo García, a adxudicación da obra de ampliación do parque infantil do Paseo do Malecón —a carón da explanada da festa—.
A empresa adxudicataria é MyParque e a partida orzamentaria para dita obra é de 93.458 euros. As obras, cun prazo de adxudicación de tres meses, consistirán na ampliación do parque infantil actual «con novos elementos que se ubicarán no espazo antes ocupado polo skate».
Proxecto da ampliación do parque infantil do Paseo do Malecón.
«Cuando haya pasado el tiempo necesario para estabilizar la adjudicación empezaremos con las obras, que empezarán con el suelo —será acolchado—». Falaba tamén o rexedor da «ampliación del espacio para poder meter después una tirolina, algo que nos están demandando mucho los niños».
Unha tirolina cun percorrido de 22 metros de longo e que non se incluirá no orzamento desta adxudicación, polo que suporá unha inversión de case 13.000 euros.
Refería Alfredo García que con este novo espazo e os elementos como tubos, tobogáns e outros xogos «conseguiremos que pueda haber hasta 30 ó 40 niños jugando al mismo tiempo».