O Teatro Lauro Olmo do Barco comezou este venres os espectáculos teatrais para a tempada de outono con "O Alemán" de Diego Anido. A obra trata sobre a órbita da idea do sacrificio a través do absurdo cotidiano. Esta peza artística dura 50 minutos, e durante os mesmos o público pudo sumerxirse na rutina do personaxe creada a través das artes escénicas.
Nesta primeira obra as butacas do recinto barquense acolleron a un invitado de luxo. O afamado actor galego Luis Zahera visitou a localidade para ver a obra do actor compostelán pero que leva afincado en Barcelona dende fai 17 anos.
Xa o vindeiro 15 de outubro Contraproducións desembarcará no Lauro Olmo con "Cigarreiras", mentres que o venres 22 dese mesmo mes estrearáse "Formigas no peto" de Ítaca Teatro. O mes acabará ca actuación do monologuista David Amor "Love está en el aire".
O mes de novembro comezará ca obra do Centro Dramático Galego "O Charco de Ulises" o día 6. Ao día seguinte será o turno de Plaerdemavida Enseble con "Sons de Llevant". O grupo valenciano aterrizará por primeira vez en Valdeorras.
Teatro do Atléntico, a Orquestra de Cámara Galega, Olivas Negras, Berrobambán, Marta Alonso Tejada, Xampatito Pato e Pedras de Cartón completan o cartel ata finais do mes de decembro.