
O Barco advirte de 80 edificiaciones sen rematar na vila

O Concello do Barco remitiu durante esta semana escritos a propietarios de preto de 60 edificacións inacabadas situadas no termo municipal barquense, informando da necesidade de cumprir a Lei de Chan de Galicia sobre a obriga dos propietarios de rematar as edificación para cuxa execución obtiveron licenza.
A Lei 2/2016 de Chan de Galicia, no apartado 9 do preámbulo, xunto co artigo 135 do mesmo texto, “Deberes de uso,conservación e rehabilitación”, remarca os deberes dos propietarios de rematar as edificacións, e o artigo 91 da mesma norma, titulado “Adaptación ao ambiente e protección da paisaxe”, indica no seu punto d) que “as construcións deberán presentar todos os seus paramentos exteriores e cubertas totalmente terminadas”.
Nunha primeira revisión feita pola policía municipal, constatouse a existencia de preto de 80 edificacións sen rematar, e que polo tanto incumpren claramente a normativa mencionada. Nos últimos días notificouse a situación aos propietarios identificados, e en breve remitiranse aos donos de outra veintena de edificacións dos que aínda non se teñen todos os datos. En todos os casos, lémbrase que, co fin de cumprir coa lei que ten como obxectivo lograr unha importante mellora colectiva da nosa paisaxe edificada-deben proceder á realización dos traballos adecuados para terminar a edificación.
Para iso, recoméndase aos donos que acudan ao Servizo de Obras e Urbanismo do Concello do Barco (no primeiro andar do Edificio Multiusos), onde lle informarán sobre os trámites que debe seguir para o cumprimento da normativa.
Non últimos días xa foron máis de 20 os donos de edificacións que recibiron información neste departamento sobre o tema, e a maior parte deles xa mostraron a súa disposición de iniciar os trámites para a realización dos traballos.
O Concello quere mellorar o aspecto das nosas rúas e pobos, e para elo é fundamental que as construcións garden o ornato debido e, ademais, fomentar o cumprimento desta lei de xeito voluntario, para o que se concederá un período de tempo transitorio, antes de iniciar expedientes administrativos, que levarían á imposición de multas que ninguén desexa.