martes. 24.06.2025

O colexio Otero Pedrayo de Viloira celebra un magosto solidario en apoio aos nenos afectados pola DANA

A xornada contou cunha carreira benéfica e unha recollida de doazóns para Save the Children, destinada a axudar ás familias prexudicadas polas inundacións
somoscomarca_241106_viloira_oteropedrayo677
O colexio Otero Pedrayo de Viloira celebra un magosto solidario en apoio aos nenos afectados pola DANA

O colexio Otero Pedrayo de Viloira celebrou hoxe un magosto acompañado dunha actividade moi especial e solidaria: unha carreira a favor dos nenos afectados pola DANA, a través da organización non gobernamental Save the Children.

somoscomarca_241106_viloira_oteropedrayo676

A maiores houbo unha recollida de cargos para ser ingresados integramente na citada ONG. Este foi un magosto especial que combinou tradición, deporte e solidariedade en beneficio dos máis vulnerables.

O colexio Otero Pedrayo de Viloira celebra un magosto solidario en apoio aos nenos...