
O colexio Condesa de Fenosa celebra o Día da Muller na Ciencia
Dende o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa volve encherse de actividades

O CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa volve encherse de actividades, nesta ocasión, polo Día da Muller na Ciencia. Os e as alumnas poden gozar dun programa de radio, aínda que esta non é a única que teñen.
Tamén hai unha exposición realizada polo alumnado do colexio coa biografía de varias mulleres científicas que teñen deixado a súa pegada na historia. A investigación que se faga poderase ver nunha publicación dixital.
Por último, para pechar esta semana de conmemoración e de reivindicación do papel da muller no avance científico. Dende o centro tiveron unha xornada de experimentos coa colaboración das familias, na que o alumnado do colexio demostrou a súa competencia no ámbito STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas)