O Teatro Lauro Olmo de O Barco énchese de ilusión esta semana coa chegada dunha nova edición da iniciativa «Cine para escolares», organizada pola Concellería de Cultura e Educación. Preto de 900 alumnos e alumnas de Infantil e Primaria participan nesta proposta cultural que ten como obxectivo achegar o sétimo arte aos máis pequenos e fomentar entre eles o gusto polo cine.
A actividade, dirixida ao alumnado dos centros educativos do municipio, comezou este martes, 1 de abril, cunha primeira sesión ás 10.30 horas para o colexio Divina Pastora, que completou as 280 prazas dispoñibles. O mércores 2 será a quenda do CEIP Condesa Fenosa, cun pase ás 10.00 horas, tamén con aforo completo. E o xoves 3, ás 11.30 horas, serán os estudantes do Otero Pedraio e Julio Gurriarán os que disfruten desta experiencia, que volverá encher a sala.
A película elixida é unha sorpresa para os nenos e nenas, o que engade un toque de emoción a unha xornada que combina aprendizaxe, cultura e entretemento. O Concello contactou directamente cos centros para organizar as proxeccións, garantindo así a participación de todo o alumnado interesado.