martes. 01.07.2025

CIG-Saúde denuncia a falta do servizo de traumatoloxía esta fin de semana no HPV

Desde o sindicato sinálase que existe un deterioro constante nos servizos que presta o Hospital Público de Valdeorras e chaman a secundar as concentracións convocadas todos os mércores ás 12 da mañá
A CIG denuncia a falta de garda de traumatoloxía no HPV

CIG-Saúde amosa a súa preocupación pola situación do Hospital de Valdeorras debido ao «deterioro constante indo camiño da irrelevancia asistencial».

Dende este sindicato sinalan que: «Temos coñecemento de que esta fin de semana o hospital de Valdeorras non conta con servizo de traumatoloxía, xa non parece pois imprescindible ter un especialista de garda neste distrito, agora xa deberemos  aceptar o asumir que só poderemos aspirar a enviar directamente o paciente a Ourense».

Consideran inasumible a situación que segundo eles se está a producir e chaman á poboación do distrito a «secundar as concentracións convocadas tódolos mércores ás 12 horas diante do hospital de Valdeorras e sobre todo o apoio á manifestación na defensa e recuperación dos servizos e recursos sanitarios perdidos no noso distrito. Manifestación que será convocada e realizada no que queda do presente ano».

Tamén instan á xerencia de área á inmediata cobertura da garda de traumatoloxía no distrito sanitario de Valdeorras.

CIG-Saúde denuncia a falta do servizo de traumatoloxía esta fin de semana no HPV