jueves. 18.04.2024

O sábado choveu durante a actuación dos Player´s pero iso non foi suficiente para que se perderan as ganas. Se chove ábrese o paraugas e a seguir botando o bailiño.

Falamos con Raúl, un dos integrantes da comisión de festas para que fixese unha pequena valoración do que foron estes tres días de, isto foi o que nos contou: «La valoración es buena, dentro de lo que pudo ser. Mucha lluvia y dentro de lo que podemos hacer, la gente quedó contenta».

Respecto ás bombas que se ouviron ás 5 da mañá e que algún situaron nas proximidades da rúa Abdón Blanco do Barco, nega que a comisión tivera algo que ver.  «Alguien tiene que llevar las culpas. Nosotros echamos las bombas de palenque a la hora justa, a las 12 de la noche para anunciar la verbena. A partir de ahí nosotros no echamos bombas», señala. «Pienso que nadie con un poco de sentido las echa. Bueno, hay gente que se está divirtiendo y piensa que los demás también, y lo hacen», opina. «Hombre! Estamos en fiestas, respeto la opinión de todos pero, la culpa no fue nuestra ¡Está clarísimo!».

Tamén falou Raúl do Día dos Nenos, de feito cando contactamos con el estaba no campo das atraccións. O prezo das atraccións non se baixou a metade como estaba previsto e a xente enfadouse. «Quedamos que el Día del Niño, los precios bajarían a la mitad, para que todo el mundo que quisiera montar las veces que pudiese lo haría por la mitad. ¿Qué paso? Qué fue demasiada la animación que hubo, y yo creo que se aprovecharon algo. En vez de bajar la mitad le bajaron un poco y ahí está la gran polémica. Nosotros no podemos hacer otra cosa», explicou.

E, é que a chuvia non permitiu que os feirantes tiveran os resultados que agardaban e aproveitaron que o luns fixo mellor tempo e a xente animouse.

As primeiras festas de Santa Rita, despois de dous anos sen elas, rematan cunha valoración positiva aínda que como nos din desde a comisión agardan que o ano que ven se poidan mellorar.

E se chove que chova!