jueves. 04.06.2026

O alumnado de Valdeorras recolle os premios da campaña das Letras Galegas do CCA dedicada a Begoña Caamaño

Desde o Centro Comercial Aberto valoran moi positivamente a resposta obtida tanto por parte dos centros educativos como das familias e do propio comercio local, destacando a implicación do alumnado nunha iniciativa que contribúe a achegar a lingua e a cultura galegas ás novas xeracións ao tempo que dinamiza a actividade comercial da vila
somoscomarca_202600603_obarco_cca_premio_letrasgalegas3582
O alumnado de Valdeorras recolle os premios da campaña das Letras Galegas do CCA dedicada a Begoña Caamaño

Chegou o momento de coñecer os nomes dos gañadores. Tras varias semanas nas que os escaparates dos comercios do Barco se converteron nunha xanela á obra e ao pensamento de Begoña Caamaño, o Centro Comercial Aberto (CCA) puxo o broche final á súa campaña das Letras Galegas coa entrega dos premios aos traballos seleccionados.

somoscomarca_202600603_obarco_cca_premio_letrasgalegas3591
somoscomarca_202600603_obarco_cca_premio_letrasgalegas3591

A iniciativa, desenvolvida en colaboración cos equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos do Barco, Viloira y Rubiá, volveu sacar a literatura das aulas para levala ás rúas a través dunha proposta que uniu educación, cultura e comercio local arredor da figura da escritora homenaxeada nas Letras Galegas 2026.

somoscomarca_202600603_obarco_cca_premio_letrasgalegas3589

Baixo o lema «Tecendo á liberdade», o proxecto convidou o alumnado a reflexionar sobre o legado de Begoña Caamaño e sobre valores presentes na súa obra como a liberdade, a igualdade, a xustiza social ou a solidariedade. Un traballo que tomou forma a través de diferentes actividades, entre elas unha exposición fotográfica distribuída polos establecementos asociados ao CCA.

somoscomarca_202600603_obarco_cca_premio_letrasgalegas3583

Os premios recaeron en Noa Montero Casas, do Colexio Divina Pastora; Yaiza Guerreiro Fernández, do IES Lauro Olmo; Sara González Fernández, do IES Martaguisela; Uxía Rodríguez López, do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa; Aitor Guitián Fernández, do CEIP Virxe do Camiño de Rubiá; Yoel Lopes Real, do CEIP Ramón Otero Pedrayo; e Leo Núñez Macía, do CEIP Julio Gurriarán.

somoscomarca_202600603_obarco_cca_premio_letrasgalegas3588

A campaña incluíu tamén unha xincana polos establecementos participantes para animar á veciñanza a coñecer de preto os traballos expostos e percorrer o comercio local. Nesta actividade, a gañadora foi Inés Cela.

somoscomarca_202600603_obarco_cca_premio_letrasgalegas3584

Desde a organización destacaron unha vez máis a boa acollida dunha iniciativa que cada ano reforza os vínculos entre os centros educativos e o tecido comercial da vila, ao tempo que contribúe á difusión da lingua e da cultura galegas.

somoscomarca_202600603_obarco_cca_premio_letrasgalegas3586

Coa entrega dos premios péchase unha nova edición dun proxecto que volveu converter O Barco nun espazo compartido para a creación, a reflexión e o coñecemento da literatura galega, levando a figura de Begoña Caamaño máis alá das aulas e achegándoa ao conxunto da comunidade.

somoscomarca_202600603_obarco_cca_premio_letrasgalegas3587
Tu prueba Premium ha finalizado
somoscomarca_202600603_obarco_cca_premio_letrasgalegas3590
Tu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizado

O alumnado de Valdeorras recolle os premios da campaña das Letras Galegas do CCA...