viernes. 29.03.2024
somoscomarca_ccaobarco_premios_colegios_2022-06-08
O CCA O Barco entrega os premios da campaña “Os Vieiros de Florencio”

O Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco fixo entrega dos premios da campaña “Os Vieiros de Florencio”, organizada conxuntamente cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos de O Barco, para festexar as Letras Galegas 2022 que homenaxearon ao poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.

Por unha banda, a asociación premiou ás seis mellores fotografías, con versos de Florencio Delgado Gurriarán, que se amosaron nos establecementos asociados participantes e que foron elaboradas polo alumnado dos centros educativos.

Os alumnos e as alumnas premiados/as foron:

  •  Ana Fernández Martínez do CEIP Condesa de Fenosa
  • Vega Marcos Alonso do CEIP Julio Gurriarán
  • Abraham Jareb Querales Lara do CEIP Otero Pedrayo 
  • Mailén Aller Pfirter do Colexio Plurilingüe Divina Pastora
  •  Eva Álvarez Fernández do IES Lauro Olmo
  • Natalia Teresa Brasa Díaz do IES Martaguisela

 

Os premios consistiron en vales de compra por valor de 25€ para investir nas librarías asociadas ao CCA O Barco. Por outra banda, a asociación celebrou o sorteo da xincana da campaña na que o alumnado tivo que buscar as fotografías polos comercios e selar o folleto de participación. O folleto premiado, extraído ao azar da urna do sorteo, foi o de Cloe Yáñez, a quen se lle entregará un vale de 50€ para investir nas librarías asociados ao CCA O Barco

O CCA O Barco entrega os premios da campaña “Os Vieiros de Florencio”