O Casino xa ten o Nadal preparado
Así será o Fin de Ano e a cena de Reis
Pablo Dobao, presidente do Casino, explica cal será as actividades de fin de ano e do día dos Reis Magos para todos os socios.
O día 31 farase a festa de Fin de Ano, a Festa-Cotillón. Esta celebración terá lugar na segunda planta e contará coa presenza de dous disyoqueis .
«Os socios que queiran acudir pagarán 30€ pola entrada e con eles poderán asistir ata 4 invitados. Estes deberán pagar 40€ para poder acudir. As persoas maiores de 65 anos terán un cota reducida de 15€», di Pablo Dobao.
«A primeira planta, a zona da cafetería, tamén estará aberta para aquelas persoas que queiran algo máis tranquilo», di o presidente. Este espazo será accesible ata as 3 da mañá e os socios terán a primeira copa de champagne gratis. Para poder acceder a esta planta non faría falta entrada.
«O día 5 teremos a cea de Reis e un concerto dos Gin Tonic's, só para socios. Será a partir das 10 da noite», conta Dobao.
O propio día de Reis, o 6 de xaneiro, «teremos a chocolatada tradicional con rosca», anuncia o presidente. Doutra banda, tamén haberá detalles e sorpresas para os fillos dos socios.