






















somoscomarca_202




Despois dun día vertixinoso con "mil e unha" actividades en diferentes puntos da Vila, e fora dela, chegou o momento da música e para elo o campo da festa do Barco converteuse no epicentro da noite do sábado 14 de setembro.

Así, ás 21.15 horas e co campo a rebosar, comenzaba a actuación da orquestra portuguesa Funçao Pública co seu gran espectáculo que non deixou a ninguén indiferente. Voltou á 1.00 horas co segundo pase.
Ás 23.00 horas chegou o turno de Mrs. Fine, grupo de música local e de moi recentre creación, que seguiu poñendo ritmo a todos os presentes. Ás 00.45 horas chegou o prato forte da noite, e non foi outro que o concerto das Fillas de Cassandra. Este grupo vigués logrou conquistar ao numerosísimo público que cantou, disfrutou e vibrou coa súa actuación.