viernes. 29.03.2024
somoscomarca_obarco_videomarcador_calabagueiros_2021_10_26

O Concello do Barco ultimou a obra de instalación do vídeo marcador do campo de fútbol de Calabagueiros, que foi adquirido polo consistorio, cun orzamento total de algo máis de 26.000 euros. O sistema servirá para que se poda proporcionar información e resultados tanto dos partidos de fútbol que se celebran no campo, coma das demais competicións deportivas que teñen lugar nesta instalación.

Este videomarcador será estreado esta próxima fin de semana, no partido que disputará o CD Barco fronte ao Ourense CF. Esta actuación foi posible grazas ao convenio de cooperación subscrito entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello do Barco para a adquisición e instalación deste dispositivo nas instalacións municipais.

Ambas entidades cofinanciaron o proxecto, e do procedemento de adxudicación, urxente e simplificado, encargouse o Concello do Barco. Así solvéntanse algunhas das carencias cas que contaba o estadio. No caso do CD Barco, moitas veces visita campos municipais que xa contan con este tipo de marcadores.

Calabagueiros xa conta co seu vídeomarcador