viernes. 30.05.2025

«Unha de cada sete persoas ten unha enfermidade renal. Pero non se coñece»

O Barco acolle esta tarde de mércores un obradoiro sobre etiquetado alimentario de man de ALCER Ourense. Falamos con Ángela Oliveira, nutricionista, e con Carmen Dorado, coordinadora, sobre a alimentación nestas patoloxías
somoscomarca_240626_obarco_obradoiro_alcer409
«Unha de cada sete persoas ten unha enfermidade renal. Pero non se coñece».

«A enfermidade renal é unha grande descoñecida. Unha de cada sete persoas a teñen, e non se fala desta situación. E queremos cambiar iso», explicaba Carmen Dorado, traballadora social e coordinadora de ALCER Ourense —Asociación para a Loita Contra as Enfermidades Renais—.

Para seguir eses pasos cara a concienciación e a prevención destas enfermidades, hoxe mércores día 26 van realizar un obradoiro sobre lectura do etiquetado dos alimentos no edificio multiusos do Barco. Será a partir das 17:00 horas e a encargada de impartilo será Ángela Oliveira, nutricionista da Asociación. 

«É unha forma de iniciar o coidado do que inxerimos e o noso propio. Dedicamos a nosa vida a comer e se algo cambia ou hai algún erro hai que ter en conta a comida e a alimentación, porque é básico», refería a experta. Aínda quedan prazas para acudir ao obradoiro e pódese realizar a inscrición a través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns ou acudir directamente ao edificio mulltiusos. 

Pode escoitar a entrevista completa no seguinte enlace de audio:

«Unha de cada sete persoas ten unha enfermidade renal. Pero non se coñece»