O CCA recibe 5.600 euros para a campaña Túnel do Terror

Esta é unha das axudas que achega a Deputación de Ourense, a través do Inorde, a oito asociacións de comerciantes da provincia

A Deputación de Ourense, a través do Inorde, destinou un orzamento de 41.354,20 euros en axudas a oito asociacións de comerciantes da provincia que concorreron á convocatoria de axudas para as asociacións de comerciantes ou asociacións empresariais da provincia que integren comerciantes, postas en marcha por terceiro ano consecutivo por este organismo provincial, para cooperar en accións de dinamización e promoción do comercio local.

 Asociación de comerciantes, empresarios, profesionais e autónomos CCA O Barco recibirá 5.600 euros para a campaña Túnel do Terror – Samaín.