lunes. 09.06.2025

O Barco abre as matriculacións das escolas deportivas municipais e de deporte base

Ofértanse case 30 modalidades para este vindeiro curso, con actividades para adultos e para los menores de 17 anos
somoscomarca_ballet_danza_zumba_escolasdeportivas (20)
O Barco abre as matriculacións das escolas deportivas municipais e de deporte base.

O Concello do Barco abrirá o luns, 2 de setembro, o prazo de matriculación das Escolas Deportivas Municipais de cara ao curso 2024-2025. As inscricións deberán formalizarse no segundo piso do Edificio Multiusos de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. 

Dirixidas a adultos de a partir de 17 anos a oferta deste ano inclúe as escolas de ximnasia de mantemento, "ponte en forma", ximnasia rehabilitadora, adestramento funcional, zumba, pilates, bailes de salón, ioga e tai-chi. 

O procedemento para formalizar a matrícula é o seguinte: os interesados deben pasar pola oficina de deportes, co DNI do interesado para recoller a folla de matrícula e unha taxa bancaria. 

As clases comezarán o martes 1 de outubro e finalizarán o venres 13 de xuño. Asemade, para adultos tamén se ofertan as actividades de kárate, tiro con arco, boxeo, pádel e kick boxing, xestionadas polos clubes deportivos respectivos. Neste caso, a matriculación debe realizarse nos propios clubes. 

No que corresponde ao deporte base, para nenos e mozos de ata 17 anos, as escolas ofertadas son as de fútbol, fútbol-sala, ximnasia rítmica, voleibol, zumba, atletismo, ballet, kárate, baloncesto, pádel, multideportes, patinaxe e hochey patíns, piragüismo, boxeo e kick boxing e tiro con arco. 

Cada modalidade estará xestionada polo clube deportivo ao que pertence, e cada un establece as idades e formas de funcionamento. 

O Barco abre as matriculacións das escolas deportivas municipais e de deporte base