
Audio. José Fernández: «Comezamos na trastenda da Praxis, con 15 ou 20 nenos»

Ideado na trastenda da Librería Praxis do Barco, o campamento urbano de Vagalume Valdeorras comezaba a súa andadura uns 20 anos atrás cando nel participaban tan só arredor de 15 ou 20 nenos e nenas. José Fernández, o director da asociación educativa, conta que «co paso dos anos, a demanda creceu, axudada polo feito de que por aquel entón, escaseaba a oferta de actividades dirixidas aos máis pequenos no transcurso do verán».
Hoxe en día, o campamento aséntase nas bases firmes dunha programación feita a conciencia, coa axuda de profesionais da ensinanza infantil, e coa ilusión renovada cada ano. E iso é o que fai que dende o mes de marzo a directiva da asociación «reciba chamadas dende Madrid ou Barcelona, de pais e nais que queren reservar praza para os seus cativos no lugar onde teñen previsto pasar as vacacións estivais», explica. Unha auténtica febre que suscita o interese por esta proposta de entretenimiento para os pequenos, e que Vagalume considera «unha satisfacción e un orgullo».
Un ano máis chega o mes de xullo, e dende mañá luns día 2, as instalacións do IES Condesa de Fenosa volverán a encherse de vida trala finalización do curso académico, para deixar paso as actividades máis lúdicas e divertidas da programación de Vagalume. Preto de 150 nenos e nenas acudirán á cita este ano, dispostos a poñer a proba aos profesionais que dan apoio á asociación educativa e que levan o peso da atención e desenrolo das actividades.
Se queres escoitar a entrevista completa a José Fernández, presidente da Asociación Vagalume Valdeorras, aquí puedes hacerlo: