jueves. 18.04.2024
portada_somoscomarca_obarco_discamino_camiñodeinverno_asuncionarias_2023810
somoscomarca_2023810

A presidenta da Asociación Camiño de Inverno por Valdeorras, Asunción Arias, vén de completar en triciclo a segunda etapa do mesmo con final no Barco de Valdeorras. Nesta etapa, con comezo nas Médulas percorreron 26 km. nos que a acompañaron os catro voluntarios da asociación Discamino aos que define como “os anxos humanos co camiño”.

“Os retos que estamos superando son impresionantes”, recoñece Arias, “particularmente como persoa hai momentos que é sumamente potente a nivel emocional e de vivencia”. E é que segundo Javier Pitillas, un dos voluntarios e presidente de Discamino, a presidenta da asociación ten moito control do triciclo. “É a primeira vez que coñecemos a alguén que leva tantos anos vixiando o camiño sen poder facelo. Comezamos a plantexar que o fixera de verdade é moi especial”.

Asunción Arias explica que os esforzos son en cadea e que está a ver o camiño dende outra perspectiva completamente diferente. “Estou vendo as cousas importantes, o que nos aporta, sobre todo en natureza: olores, experiencias... E tamén algunhas fallas pequeniñas”, afirma.

somoscomarca_2023809
Intercambiando opinións tras a chegada ao Malecón do Barco

Felicitacións aos concellos xestores

A presidenta da asociación recoñece que dende o momento no que entrou en Galicia, ten que felicitar á parte que compete a Rubiá, a Carballeda de Valdeorras, e a do Barco. “Hai certos despistes que fallan, pero do resto, a unión non so fai a forza pero tamén nos proporciona paz. O importante é compartir e non competir”, explica.

Por outra banda, as felicitacións aos concellos que xestionan o camiño na zona de Valdeorras, tamén pasan porque está aumentando a infraestrutura. “Eu dende aquí o que diría é que lle poñamos corazón ao camiño”, conclúe.

somoscomarca_2023808
Eladio Santos saúda aos voluntarios de Discamino que acompañan a Asun

Recibimento no Barco por Eladio Santos

O concelleiro de Turismo e Comercio do Barco, Eladio Santos, quixo acompañar a Asunción Arias na súa chegada á vila. “Nós estamos encantados de recibir a Asunción e esta perspectiva de que o camiño tamén sexa inclusivo para persoas que teñen un certo grado de dependencia paréceme moi interesante”, afirma, “tivemos algunha experiencia estes anos de ex atletas paralímpicos profesionais e pareceunos que era importante dinamizalo”.

somoscomarca_2023807
Eladio santos dálle os parabéns a Asunción polo logro conquerido

Santos explica que dende o concello estanse a facer esforzos para que dinamizalo, polo que “queremos invitar aos barquenses a que o coñezan e a que o transiten, pero non chegamos ao nivel de Asun con este tipo de iniciativas”. Porén, “é habitual ver pasar por aquí todas as mañás peregrinos, algo que hai cinco anos non ocorría”.

Así, a Asunción e aos voluntarios de Discamino quédanlle 8 etapas para chegar finalmente a Santiago de Compostela:

3. O Barco – Bendilló … … … …   30’9 kms —Albergue Quiroga —

4. Bendillo – Barxa de Lor … … …25’4 kms —Albergue Pobra de Brollón —

5. Barxa de Lor – O Reguengo … 28’8 kms —Albergue Monforte—

6. O Reguengo – Penasillas … … 34’5 kms —Albergue Chantada —

7. Penasillas – Palmaz … … … …30’8 kms —Albergue Chantada—

8. Palmaz – A Bandeira … … … .. 25’7 kms —Albergue Bandeira —

9. A Bandeira – Outeiro … … … …17’1 kms —Albergue Outeiro —

10. Outeiro – Santiago … … … … 16’6 kms

Saída da terceira etapa

Érguense moi pretiño, ás 6 da mañá, logo almorzo e rumbo cara O Barco desde o albergue de Vilamartín onde durmiron.

somoscomarca_obarco_malecon_discamino_asuncionarias_20232023812 (3)
somoscomarca_obarco_malecon_discamino_asuncionarias_20232023812 (3)

Ás 7.40 chegan ao Malecón do Barco, ao punto onde remataron onte a etapa —preto do Casino— e case 20 minutos despois está todo listo para emprender o Camiño. Os arneses dos voluntarios cos que tiraran por Asun a facer as subidas, revisados. O triciclo, montado. Asun xa encima.

somoscomarca_obarco_malecon_discamino_asuncionarias_20232023812 (4)
Axudando a Asun a meterse no triciclo

Comeza unha nova etapa que os levará a Bendilló, onde xantarán, e logo porán rumbo cara Quiroga, lugar no que se atopa o albergue no que está previsto durmir nesta ocasión.

somoscomarca_obarco_malecon_discamino_asuncionarias_20232023812 (2)
Dispostos para comezar unha nova etapa 

Así, unha tras outra irán completado as etapas que os levarán a Santiago, meta do Camiño.

somoscomarca_obarco_malecon_discamino_asuncionarias_20232023812 (1)

Asunción Arias: “Os retos que estamos superando son impresionantes”